Database
APIs
Back-end
Front-end
Desktop software
Cloud services
Dille adeus ás solucións enlatadas e traballosas.
Software feito para durar
Desenvolvemos o produto ideal contigo.
Non todo é software.
Para acadar o mellor resultado, o noso proceso de desenvolvemento non só se basea no mellor software, senón tamén en algo moito máis importante: as túas ideas e os teus obxectivos.
Por iso estarás en cada parte do proceso, sendo un máis no equipo Lapisoft.
Encantaríanos traballar contigo
Traballamos con clientes de todos os tamaños, desde negocios emerxentes a marcas empresariais. Falemos do teu proxecto de de como podemos aumentar o seu valor.
Ti tes ideas. Nós temos solucións de software
Traballamos con tecnoloxías de todo tipo:
Preguntas frecuentes
Por que escoller Lapisoft e non outra axencia?
Porque Lapisoft preocúpase do que ti queres e do que non precisas, así podes ter o mellor produto posible.
Teño unha idea, por onde empezo?
Contacta con nós e fáinolo saber. Organizaremos unha reunión para poder comezar o traballo o antes posible.
Facedes aplicacións web tamén?
Por suposto. Creamos moitas aplicacións web coma portais de xestión nos últimos anos. É unha das nosas fortalezas.
Que tipo de soporte recibirei?
Recibirás soporte completo durante o proceso de desenvolvemento. Unha vez despregado, podes notificar calquera erro durante o periodo de garantía. Por suposto, podes adquirir un paquete de mantemento para recibir soporte completo pasado o tempo de desenvolvemento.
O código fonte será meu?
Si, se ti queres. Crearemos un contrato que especifique ese requerimento.
Ofrecedes soporte continuo, mantemento e actualizacións?
Non somos só desenvolvedores de software. Tamén xestionamos infraestruturas, polo que podemos manter o teu producto se é preciso.
Falemos do teu proxecto
Estaremos encantados de responder ás túas preguntas e sermos parte da túa próxima aventura!