Sobre nós

Un pequeno grande equipo que é quen de desenvolver o máis incrible dos seus soños. Con amplos coñecementos en varios campos, cada membro ten un papel en todo o ciclo do produto.

O noso lema, un código de alta calidade é imprescindible. E a nosa broma interna, estade atentos ao punteiro… se non, fallo de segmentación!

Sobre nós

Un pequeno grande equipo que é quen de desenvolver o máis incrible dos seus soños. Con amplos coñecementos en varios campos, cada membro ten un papel en todo o ciclo do produto.

O noso lema, un código de alta calidade é imprescindible. E a nosa broma interna, estade atentos ao punteiro… se non, fallo de segmentación!

Algúns dos nosos clientes

Traballamos en varios campos (como a sanidade electrónica, a xestión da auga, a enxeñaría medioambiental…) con clientes de todo o mundo.

Algúns deses grandes clientes son…

Coñece o noso equipo

En 2022 tres dos melljores programadores do mundo, que formaban un comando, foron encarcerados por un delito que non cometeran. Non tardaron en fugarse da prisión na que estaban presos.

Hoxe, buscados aínda polo goberno, sobreviven como programadores de fortuna. Se vostede ten algún problema e os atopa quizais poida contratalos…

Fernando Batlle

CEO, DIRECTOR EXECUTIVO

Breogán Amoedo

CTO, DIRECTOR TÉCNICO

Daniel Gayoso

TECH LEADER

Encantaríanos traballar contigo

Traballamos con clientes de todos os tamaños, desde negocios emerxentes a marcas empresariais.

Falemos do teu proxecto de de como podemos aumentar o seu valor.

Os nosos servizos

Consegue os mellores servizos de software e crea un produto competitivo. Lapisoft traballa para ofrecer un enfoque flexible e descubrir solucións únicas que se axusten ás túas expectativas.

Estamos para axudar.

Desenvolvemento de software á medida

Un dos nosos mellores valores é a habilidade para crear grandes experiencias desenvolvendo produtos personalizados.

Produtos distintos teñen necesidades distintas, e polo tanto, solucións personalizadas para cada ocasión.

O cliente obtén só o que precisa.
E o obtén segundo encaixe cos seus desexos.
Abonda xa de solucións preconstruídas con grandes custos.

Desenvolvemento de apps personalizadas para móbiles

Os ordenadores non son o novo estándar. Os dispositivos móbiles son a nova realidade. Desenvolvemos apps para móbiles e tabletas. Van canda os seus usuarios.
Deste xeito permites aos usuarios acceder ao teu produto en todo o mundo.

De Android a iOS. Ou mellor, os dous ao mesmo tempo.
Deseños e caracterísitcas diferentes para móbiles e tabletas.
Aproveita tódalas características dos dispositivos móbiles.

Que andas a buscar? Tes un novo proxecto en mente?

BORN READY. Encantaríanos falar do que Lapisoft pode facer polo teu proxecto.