Todas as funcionalidades que agardabas.

Pero mellor

API e servizos web de terceiros

Engade valor ao teu produto conectando con servizos de terceiros

Seguridade de identidade mellorada

Fai que a túa aplicación sexa máis segura utilizando servizos como Accuant ou oAuth.

Servizos de pagamento

Monetiza o teu produto utilizando pasarelas de pagamento existentes coma Stripe, PayPal…

Visualización de datos

Moitos datos? Entende toda a información grazas á visualización gráfica.

Analítica avanzada

Entende como os usuarios usan a app para planificar melloras.

Funcionalidades no dispositivo

Aproveita funcións coma o GPS, a cámara ou o micrófono para engadir máis versatilidade á túa app.

Notificacións

Os teus usuarios estarán sempre ao día coas notificacións en tempo real.

Multi-dispositivo

Fai a túa app adaptable a diferentes dispositivos: móbiles, tabletas…

Conexión a dispositivos médicos

Conecta dispositivos médicos para obter datos e seguir o estado clínico dun xeito sinxelo e sen esperas.

Mantemos un ciclo completo de desenvolvemento de produtos dentro da empresa.

Construímolo nós, é teu.

Do prototipo á realidade

Ao respecto do desenvolvemento nativo para iOS e Android, desenvolvemos dez apps completas desde 2014 para os nosos clientes, na meirande parte dos casos implementando as dúas versións (Android e iOS) en paralelo.

Para algúns deles fornecemos todo o ciclo de vida do produto, desde o concepto, o fluxo, a interface de usuario, a experiencia do usuario (traballando cos deseñadores) ata a implementación do código e a publicación na tenda.

Noutras seguimos as liñas marcadas polo documento de deseño e as especificacións.

Encantaríanos traballar contigo

Traballamos con clientes de todos os tamaños, desde empresas emerxentes ata marcas empresariais. Falemos do teu proxecto e de como podemos aumentar o seu valor.

Ampla experiencia en tecnoloxías para apps móbiles

Transformando as túas ideas en solucións móbiles.

Preguntas frecuentes

Por que escoller Lapisoft e non outra axencia?

Porque Lapisoft preocúpase polo que queres e o que non precisas, de xeito que poidas ter o mellor produto posible.

Teño unha idea, por onde empezo?

Contacta con nós e fáinolo saber. Organizaremos unha reunión para comezar o traballo o antes posible.

Podedes desenvolver apps para iOS e Android?

Si. De feito, é sempre mellor traballar nos dous ao mesmo tempo para reutilizar recursos.

Tamén desenvolvedes aplicacións web?

Por suposto. Creamos moitas aplicacións web coma portais de xestión nos últimos anos. É unha das nosas fortalezas.

Que tipo de soporte recibirei?

Recibirás soporte completo durante o proceso de desenvolvemento. Unha vez despregado o produto, podes notificar calquera fallo durante o tempo de garantía. Por suposto, podes adquirir un paquete de mantemento para recibir soporte cando remate o desenvolvemento.

O código fonte será meu?

Si, se ti queres. Crearemos un contrato no que especificar ese requerimento.

Ofrecedes soporte continuo, mantemento e actualizacións?

Non somos só desenvolvedores de software. Tamén xestionamos infraestruturas, polo que podemos manter o teu produto se fose preciso.

Falemos do teu proxecto

Estaremos encantados de responder ás túas preguntas e ser parte da túa próxima aventura!