Poñemos o corazón en cada proxecto

Cada proxecto é único, ten o seu propósito e o seu propietario disfrutará acadando grandes cousas ao seu través.

Lapisoft pensa neles coma nos seus propios produtos e coida cada detalle, por pequeno que sexa. No final só estaremos felices se o cliente está orgulloso do resultado.

ALGÚNS DOS NOSOS CLIENTES

Desenvolvemento de software á medida

Un dos nosos mellores valores é a habilidade para crear grandes experiencias desenvolvendo produtos personalizados.

Produtos distintos teñen necesidades distintas, e polo tanto, solucións personalizadas para cada ocasión.

O cliente obtén só o que precisa.
E o obtén segundo encaixe cos seus desexos.
Abonda xa de solucións preconstruídas con grandes custos.

Desenvolvemento de apps personalizadas para móbiles

Os ordenadores non son o novo estándar. Os dispositivos móbiles son a nova realidade. Desenvolvemos apps para móbiles e tabletas. Van canda os seus usuarios.

Deste xeito permites aos usuarios acceder ao teu produto en todo o mundo.

De Android a iOS. Ou mellor, os dous ao mesmo tempo.
Deseños e caracterísitcas diferentes para móbiles e tabletas.
Aproveita tódalas características dos dispositivos móbiles.

Consultoría tecnolóxica

Non sabes por onde comezar?

Non te preocupes, non tes que ser un experto. Para iso estamos nós.

Para a renovación tecnolóxica, o cambio de provedores ou a transformación dixital do teu negocio físico nós desenvolvemos a mellor solució para ti.
• Cambio de provedores
• Transformación dixital do teu negocio físico

export default {
    name: "ElementDetail",
    components: {LoadingContainer, AppTransition},
    mixins: [ElementMixin],
    props: {
        elementId: {
            type: Number,
            required: true
        },
    },
    data() {
        return {
            isLoading: true,
        }
    },
    computed: {
        ...mapState('account', [
            'user'
        ]),
    },
}
.  .  .

Cubrimos o ciclo completo do produto

A meirande parte das veces, cando un cliente precisa un produto non é consciente de que é tan complexo coma unha máquina.

Por norma un produto implica varios pasos. Lapisoft é experto en cada campo, da base de datos ao frontend.

E do deseño inicial á despregadura final no mercado. Un equipo, mellor comunicación. O mellor resultado.

Proxectos desde calquera sitio

Non importa onde esteas ou en que mercado queiras entrar. Lapisoft ten clientes incribles en todo o mundo.

E queremos que sexas un deles, mesmo se estás na Estación Espacial Internacional. Só precisas unha idea e nós farémola realidade.

Produtos multiidioma. Podes fixar coma obxectivos tantos mercados como queiras.
Talleres remotos. Podémonos reunir sen importar onde esteas.
Só precisas centrarte no que desexas.

Código seguro e software de alta calidade

Ter un produto non é suficiente. É importante ter un produto de calidade e seguro.

Seguindo os estándares de código e implementando un conxunto de probas fiable, aseguramos o mellor produto posible.

Conxunto de probas completo para evitar a maior cantidade de fallos.
Seguindo sempre os paradigmas de software máis recentes e seguros.

CASO PRÁCTICO

Plataformas de xestión

Como caso de estudo, gustaríanos explicar como acadamos grandes cousas nun dos proxectos máis interesantes nos que temos participado: Nemecum.

É unha plataforma para xestionar a nutrición parenteral con milleiros de produtos. Este é un caso de estudo dun produto de ciclo completo

Que andas a buscar? Tes un novo proxecto en mente?

BORN READY. Encantaríanos falar do que Lapisoft pode facer polo teu proxecto.